domingo, 29 de abril de 2012

BLOG DE NORMALIZACIÓN

 O noso cole ten un blog de Normalización Lingüística, a profesora Ana Caaveiro é a artífice deste espazo en e para o galego.
Nel atoparedes temas relacionados co galego e co noso cole. Non dubidedes en visitalo!
http://bosquexo.blogspot.com.es

ENTRE BAMBALINAS

    Os alumnos e alumnas do taller de teatro do cole participaron o 25 de abril no XV Certamen de Teatro Escolar e Aficionado Candilejas Don Bosco na categoría Infantil coa obra "Cardito Caracol", que representaron no salón do Centro Calvo Sotelo en A Coruña.
    Foi un éxito total cunha actuación maxistral dos nosos pequenos actores e actrices. Sabremos a decisión do xurado o vindeiro mes de xuño pero para nós xa son os mellores. Moitas felicidades artistas!!!

jueves, 26 de abril de 2012

OS MAIOS

   Na xornada de hoxe, os nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º ciclo de Educación Primaria realizamos un obradoiro sobre a celebración dos maios. Todos xuntos cantamos, bailamos e fixemos un maio cheíño de flores, ovos, mazás e laranxas.




  Mirade que ben o fixemos!!

martes, 24 de abril de 2012

Excursión ao Parque de Bombeiros

   O pasado mes de marzo os nenos e nenas de Educación Infantil e de Educación Primaria foron de excursión ao Parque de Bombeiros de Ferrol, todos pasámolo estupendamente coa visita guiada que os bombeiros nos fixeron polas instalacións e logo xogando no patio coa escuma.
   Foi unha visita moi didáctica pois explicáronnos que debemos facer en caso de incendio, deixáronnos probar o seu equipo, subimos ao camión ...




   Fixemos moitas fotos, en formato dixital, que os pais e nais tedes a vosa disposición no cole. As fotos dos nenos e nenas de 1º de E.P. e de E.I. tenas a profe Bettina que estará encantada de facilitárvolas.

lunes, 2 de abril de 2012

FELICES PASCUAS!

   Xa está aquí a Semana Santa e con ela o fin do 2º trimestre.
  Seguro que tedes moitos plans para estes días, unha idea que podedes ter en conta é visitar as procesións ferrolanas. Para ir abrindo boca, que tal se admiramos a procesión de Domingo de Ramos e a fantástica visión dos nenos da Última Cea?

                                                         Pasádeo ben nestas vacacións!