sábado, 30 de marzo de 2013

Ola primavera!

Poño un cículo no medio
e outros pinto ao redor,
e con moito coidadiño
coloreo o seu interior.

Unha liña para abaixo
dúas folliñas... chispón!
con círculos e cores
dibuxei unha flor.
 
Os nen@s de E. Infantil saúdando á primavera

viernes, 29 de marzo de 2013

Somos uns deportistas!


Coincidindo co día do pai (19 de marzo) os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria  participamos no programa "Deporte na escola" do programa Xogade.
 Esforzámonos moito por dala talla coma deportistas e os resultados cremos que foron moi bos. A profe Eva pode sentirse orgullosa de nós, vamos de aquí ás Olimpiadas!





jueves, 28 de marzo de 2013

Un baúl cheo de piratas. Dinamización da biblioteca.


 Seguimos a traballar para que a biblioteca se converta nun imprescindible no día a día dos alumnos e alumnas.
Nesta ocasión os nenos e nenas de 3 anos visitaron ao resto das clases para falarnos do libro Un baúl lleno de piratas de Ana Rosseti. Conta a historia dun grupo de nenos: Chus, Cris,Toni, Gabi e Manu que convirten un baúl nun barco pirata e surcarán os mares do Sur en busca da illa do tesoro.

Se queredes saber que aventuras viven e como son axudados polas sereas xa sabedes, vinde a biblioteca do cole e levádeo en préstamo.

miércoles, 27 de marzo de 2013

As dez galiñas. Dinamización da biblioteca.


No cole pensamos que é moi importante o uso e disfrute da biblioteca, nela hai agardando miles de historias que nos farán soñar, rir, tremer... pero sobretodo gozar da lectura.
 No intento de dar a coñecer este anaquiño de escola aos pícaros e coa intención de motivalos, profes e alumnos estamos a facer unha serie de actividades nas que os libros son os protagonistas.
 Neste caso a profe Ana e os alumnos e alumnas de 4º da ESO contáronlles aos nenos de Educación Infantil o conto de As dez galiñas de Sylvia Dupuis . Os pequerrechos estaban moi atentos ás galiñas de cores e ao cesto do que non paraban de sair animais. Foi un éxito de actividade!




martes, 26 de marzo de 2013

Normativa reguladora do proceso de admisión

 
POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO 2013-2014

 

E. INFANTIL:    
     3 ANOS – 25

     4/5 ANOS – 7

 

E. PRIMARIA:      
 1º CICLO (1º/2º) – 0

2º CICLO (3º/4º) – 2

3º CICLO (5º/6º) -  9

 

E. SECUNDARIA:  1º - 20        3º - 20

                            2º - 19        4º - 17

                              

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN  PARA O CURSO ESCOLAR 2013-2014

 

Para o curso escolar 2013/2014 os prazos previstos nesta orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matriculación do alumnado, son os seguintes:

1. Reserva de praza no centro de adscrición: 18 - 22 de marzo.

2. Data do sorteo público a efectos de desempate: antes do 2 de abril.

3. Publicación de postos escolares vacantes: 4 de abril.

4. Presentación da solicitude de admisión: 5 - 17 de abril.

5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 22 de abril – 3 de maio.

6. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: até 10 de maio.

7. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 31 de maio.

8. Contra a relación definitiva, as persoas inte­resadas poderán formular reclamación ante a persoa titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

PRAZOS DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA


* Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20 - 30 de xuño.

 

* Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño - 10 de xullo.

 

* Prazo extraordinario de formalización de matrícula ESO e bacharelato: 1 - 10 de setembro.

 

NOTA INFORMATIVA

1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar,  a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Servizos complementarios

SERVIZO DE COMEDOR- CATERING

A normativa máis importante en materia de hixiene é a seguinte:


RD 3484/2000 de 29 de decembro polo  que se establecen as normas de hixiene para a  elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE 11 y 12 de xaneiro de 2001).


RD 2207/1995 de 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas a  productos alimenticios.


RD 202/2000 de 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas aos  manipuladores/as de alimentos.


RD 1712/91 de 29 de decembro sobre o rexistro xeral sanitario de alimentos

 

O marco xurídico autonómico que regula na actualidade o servizo de comedor escolar recóllese, básicamente no Decreto 16/1984, do 9 de febreiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares (DOG do 29/2/84), modificado polo Decreto 283/1986, do 25 de xuño (DOG do 14/10/86) e polo Decreto 443/1990, do 13 de setembro (DOG do 27/09/90).

Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servicio de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Criterios establecidos por cada centro educativo, consistentes noutras circunstancias relevantes e xustificadas, de acordo con criterios obxectivos, que deberán ser publicados coa necesaria antelación ao inicio do proceso de admisión:

 

Según reunión do Consello Escolar do CPR. Jorge Juan de Narón, celebrada o 19 de marzo de 2013, renunciase a establecer un criterio por parte do centro, para aplicar en caso de que o número de solicitudes sexa superior ao de postos disponibles para o vindeiro curso 2013-2014.
 
DOG 15 de marzo de Admisión:

sábado, 23 de marzo de 2013

Piii,piiii! Paso, que vamos!!

 Como xa ven sendo un costume visitounos o carro de Educación Vial do Concello aos nenos e nenas do 1º ciclo. No circuito que temos pintado no patio do colexio xogamos a ser conductores e peóns sempre, iso si, respetando as normas de circulación. Pasámolo moi ben e aprendimos un montón de cousas.
Tamén os monitores o pasaron ben coas nosas respostas, así cando nos preguntaron que se debe facer nun semáforo en vermello un de nós contestou: Falar polo móvil, miña nai sempre o fai!! Je, je somos uns paveros, non si?