domingo, 19 de mayo de 2013

O DÍA DE EUROPA

 O 9 de maio celébrase o Día de Europa, unha data que celebramos no cole coñecendo o euro, a bandeira e o himno. É un día para celebrar a paz e a cidadanía europea
 Fixemos actividades sobre os elementos máis representativos de Europa e escoitamos o himno europeo: o himno da alegría de Beethoven.
Pasámolo ben e aprendemos máis sobre o 9 de maio, que máis se pode pedir!
os nenos e nenas de 1º ciclo coa bandeira
 

sábado, 18 de mayo de 2013

FELIZ DÍA MAMÁ!

 Como ben sabedes o primeiro domingo de maio celébrase o día da nai, dende aquí non nos cansaremos de recordarvos que para ter un detalle con mamá non fai falla gastar moito diñeiro.
 No caso dos nosos nenos gracias as súas mans e a moito cariño saliron uns agasallos fabulosos.
 En primaria ás mamás tocoulles broches e en Infantil un porta-aneis ( podedes ver o paso a paso na pestana de E. Infantil), sen esquecer un carro de cariño e bicos que iba engadido a maiores en cada detalliño.
Esperamos que foso un día moi especial en tódalas casas!!
broche 1º ciclo

Broche 1º ciclo

Broche 1º ciclo

Broche 3º EP

Porta-aneis E Infantil



viernes, 17 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  Na nosa Comunidaden cada 17 de maio hónranse as nosas letras homanaxeando a un escritor ou escritora xa finado, este ano recordamos a Roberto Vidal Bolaño.
 Roberto Vidal ( 1950-2002) é un escritor galego de teatro, traballou desde os anos 70 para darlle un carácter profesional ao teatro galego sempre da man da tradición e o cariño ao noso. Algunhas das súas obras son Animaliños, Mar revolto, Rastros ...
O recoñecemento veulle na década dos 90 con premios como " Rafael Dieste", "Álvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92"...
Desfrutade do día festivo e non esquezades ler en galego!


miércoles, 8 de mayo de 2013

Estreo de El chico guapo y su radiocassete

 O xoves 2 de maio foi a estrea da obra El chico guapo y su radiocassete no teatro do Centro Calvo Sotelo de A Coruña.
 Os nosos actores e actrices demostraron un ano máis ter moitas tablas nisto da interpretación e fixérono de marabilla, agora só nos queda esperar a decisión dos xuíces da que todos seredes informados.
Para os que non puideron asistir tedes unha nova oportunidade de gozar con eles na festa de fin de curso, na que volverán a representar a obra.









martes, 7 de mayo de 2013

Ciencia e cine. Educa Barrié.

 Os alumnos e alumnas da ESO puideron asistir a charla-obradoiro ofrecida pola fundación educaBarrié ¿Ciencia ou cine?
Nela introducíronos no mundo do cine, nun mundo misterio e máxico onde reinan a fantasía e a imaxinación. Nalgunha ocasión fixémonos preguntas como: ten base científica o que vemos nas películas?, cales son as técnicas que permiten crear animais xigantescos e ataques extraterrestres?, por que os extraterrestres sempre nos queren exterminar se non ñles fixemos nada?
Durante a conferencia visionaron fragmentos de películas  e analizaron a súa base científica levando a cabo experiencias nas que comprobaron se se axustaba á realidade o que nos propon o cine e explicáronlles como distintos personaxes míticos cinematográficos, tales como vampiros, personaxes de ciencia ficción como ET, non teñen sentido científicamente.
 Os rapaces quedaron sorprendidos e aprenderon  ben canto hai de ciencia e canto de ficción neste xénero que tanto nos gusta.








 

lunes, 6 de mayo de 2013

EXCURSIÓN A BARCELONA

 Do 15 ao 19 de abril os rapaces e rapazas da ESO fomos de excursión de fin de curso a Barcelona. No camiño de ida fixemos unha parada para coñecer Burgos, xa en Barcelona dedicámoslle dous días ao parque de atraccións Port Aventura pero tamén tivemos tempo de coñecer o Camp Nou, o parque Güell, o Montjuic... Na volta puidemos coñecer Logroño. Nesta viaxe acompañáronos os profes Pili e Leo.
 Fíxose a viaxe moi curta pero trouxemos moitos recordos e anécdotas que de seguro nos durarán moito tempo. Como dirían os nosos amigos cataláns: un viatge inoblidable!
Burgos



Port Aventura


Port Aventura


Port Aventura


Port Aventura



Port Aventura

Montjuic


Camp Nou

Parque Güell

Parque Güell

Parque Güell

De volta, Logroño

 

domingo, 5 de mayo de 2013

EXCURSIÓN MUSEO DE HISTORIA NATURAL EI

Foi a quenda dos máis pequerrechos de visitar o Museo de Historia Natural de Ferrol, coma os seus compañeiros de primaria a viaxe fixérona en tren  e gustoulles moito.
Ao chegar a Ferrol foron andando ata o museo, alí esperábaos unha guía moi simpática que lles amosou e explicou a sala de bioloxía terrestre e a de bioloxía mariña.
Quedaron moi sorprendidos co tronco de cedro e como polos seus aneis podemos saber a idade dunha árbore, neste caso 120 anos!
Vimos ao calamar xigante de 8 metros de lonxitude e tamén nos ensinaron como era a caza da balea, os traxes e as ferramentas que se usaban e que levaron ao borde da extinción a moitas especies de baleas.
Logo fomos merendar e xogar un pouquiño a praza de España, collimos o tren de volta ao cole e xa estabamos cos nosos pais e nais contándolles emocionados pero cansos todo o que víramos e fixéramos.
Foiche un día moi divertido!!