E. Primaria



 Ésta é unha páxina estática, polo que as novidades iranse engadindo ao xa publicado.

TABLAS DE MULTIPLICAR (14/04/2013)

Nenos e nenas de 2º:
Estou a traballar para subir as fotos da excursión ao Museo pero mentres tanto podedes repasar as tablas de multiplicar:

Non deixedes que se vos escape ningún globo!!http://www.cuadernosdigitalesvindel.com/juegos/juego_tabla_multiplicar_1.php

Neste outro sodes un superheroe que ten que axudar a un amigo
http://www.supersaber.com/espaciomultiplica.htm

A pasalo ben repasando matemáticas.
                     A profe Bettina.

ASTRONOMÍA

Ola nenos e nenas de 2º! Son a profe Bettina e gustaríame que como vamos a estudiar o Sol, a Terra e a Lúa visitárades esta páxina
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/astronomia/FWK_astronomia_primaria/index.html

Nela comezaredes un incríble viaxe polo espazo, animádevos e xa me contaredes. Abur!
PD. Neste foguete cabedes todos os cursos, botádelle unha ollada!



EDUCACIÓN VIAL

 O 29 de maio os nenos e nenas do 1º ciclo recibimos a visita do camión de Educación Vial do Concello de Narón. Na pista do cole conducimos uns "coches" chulísimos e fixemos de peóns para aprender como comportarnos na rúa. Costounos un pouco facelo todo ben porque os pedais estaban moi duros e porque as rotondas facíansenos pequenas pero divertímonos moito!
Grazas Pedro e Simón por traernos un ano máis ata o cole esta actividade!











PICASSO

Os nenos e nenas do 1º ciclo estudiamos a Picasso na clase de Educación Plástica, traballamos sobre o cadro "Muller ante o espello" facéndoo se cadra máis bonito. Que vós parece?



ENTROIDO 2012

No entroido pasado os nenos e nenas do 1º ciclo disfrazámonos de piratas; pero de piratas bos e pacíficos, iso que quede claro!

3 comentarios:

  1. Os nosos nenos do segundo e do terceiro ciclo de primaria irán practicar deporte este venres 20 de Abril.Esperemos que surxan novas vocacións deportivas e desta forma colaborar co programa de medrar sans e fortes e así deixar o sillonbol e a práctica da Wii,DS,play station..
    Ánimo e moita sorte!

    ResponderEliminar
  2. Teño a obriga de informarvos que temos uns verdadeiros campións no noso centro,porque prácticamente arrasaron en todas as probas nas que competiron.Así que papás e mamás xa sabedes:hai que dar mais colacao polas mañás e sair a entrenar un pouquiño cos pequenos,porque con seguridade imos ver algúns deles,dentro de un tempo, nalgunha olimpiada.
    Xa sabía eu que tiña unha saga de campións!

    ResponderEliminar
  3. Os nenos e nenas do grupo de teatro infantil do centro, tiveron o seu estreno especial no Colexio Calvo Sotelo da Coruña. A súa directora, Juana, pódese sentir orgullosa de todos eles porque o fixeron como auténticos profesionais do teatro. Así que dádelle a noraboa aos actores e a directora, e que isto sirva de experiencia para fomentar as vocacións teatrais.
    ¡Ben polo noso grupo de teatro!¡A próxima vez máis pero non mellor!¡Tres hurras para Juana e para os intérpretes!

    ResponderEliminar