O 22 de xuño rematou o curso e para celebralo tivemos unha mañá chea de actos "oficiais" e xogos.
No salón de actos ante os nosos familiares e compañeiros representamos unha obra de teatro, bailamos, cantamos e recibimos os diplomas polo ben que o fixemos durante o curso.
Despois no patio participamos nunha morea de xogos tradicionais organizados pola ANPA. Antes de irnos de vacacións recibimos as notas e uns agasallos: a camiseta e a revista do cole feitos polos membros do ANPA, moitas grazas.
Agora toca gozar do verán e recargar as pilas para o curso que vén.
FELIZ VERÁN !!!!