Xa case chega o Nadal ao noso cole e aínda non publicáramos as fotos da nosa festa do Samaín. Ese día tan especial no que o cole envólvese dunha atmósfera meiga con bruxas, demos e mortos vivintes.
Na mesma festa incluímos o magosto cunha degustación de castañas e leite.
Houbo talleres de pintura de unllas e de maquillaxe da man das nenas da ESO, xogos no patio, música e o que non podía faltar e que se está a converter nunha tradición: o túnel do terror!
También fixemos como tódolos anos o concurso de cabazas sendo gañadores 2º de Primaria e 2º da ESO. Parabéns artistas!
Temos que agradecerlles a ANPA que sempre colaboran con nós e traballan para que todo saia así de ben.
Pasámolo de medo!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjjMQr8bBFE7Tk4cVLIIHL3rW0e_pWYjVdRUVXAKk-tWqwCEiwvui6mjZ5gf9GsAW5MnonkCCyv9jIfhziu6gxb8hcs_4FGVqMD3OnLKrjjKEkxS0ms1X-9ENFUo72JhQZzsg30WgkL4sQ/s320/1383138948871.jpg) |
As profes Sandra, María, Bettina e Laura. |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgB6C_8zAyDCvToQW9FlmXq2SlNQAoozP03BU6r4qWpf2LcGLtgni4-yhOFmxdKgGjd8PcG-34YKkdpKmmq-rwzWHrjnyM1oCujQV9MfXJi3fEkcJS7q_cUQdOHxyrtCK4TcN9bL1-CDVg/s320/1383143147779.jpg) |
A clase de 1º de EP |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjZuUVqz3yxr41NhQ5g7-HRJsdHHYd-4luzE6H9q6j9woY_Fty_jYJ8657I4FtwWIhBau6yeYujhauYWXSn-nTa7tQjAOAvAkOuP0CezTjgoLSwqLBM5mltFqzzmZ6BDZmdSEuuE-p8d4w/s320/DSC05961.JPG) |
Taller de maquillaxe |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjuXm05K1UkvQ-h1UQm0L46JLRoGjMk02tSm1ka_CjyUpf4Wyd21NLeDbEVLIGT0cDr-0W6RopsB_IqCdlUslihLQ7calmm3EGIEuQCEK5LROmQc_YUsENnXy9IAV2pQBHZ-EOLgRSVkVw/s320/DSC05971.JPG) |
Castañas e leite! |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjA771E58i8HmkKgLPVM4pcRvgb1JUAxpGL0U4LPATzcxn5FLMVROpKimqlEfHAUN68kZcG4nMBiG_YegDPIeM2LMzAn7jTwbABGucjTw8AaltkaGWRYxW8pVF3cuj8SRTxcJh2T2FMy_0/s320/DSC05974.JPG) |
Esperando para entrar no túnel do terror |