O venres 7 de dcembro os ciclos de Ed. Infantil e Ed. Primaria fixemos unha visita a exposición de "Dinosaurios Park" en Narón.
Coñecimos un pouco mellor a braquiosaurios, estegosaurios, tiranosaurios... grazas as explicacións dos nosos guías, réplicas dos dinosaurios e a paneis de información. Así agora sabemos máis cousas da orixen dos dinosaurios, os tipos que existiron e as súas características.
Despois traballamos en diferentes talleres. No taller de debuxo coloreamos distintas imaxes de dinosaurios, no taller dos paleontólogos tivemos a oportunidade de realizar unha excavación manual e encontrar fósiles enterrados. Ademáis había proyeccións de películas que tiñan como protagonistas aos dinosaurios.
Pásamolo moi ben!
domingo, 9 de diciembre de 2012
viernes, 9 de noviembre de 2012
O SAMAÍN
O pasado 31 de outubro celebramos na escola o samaín cunha chea de actividades terroríficas: viñemos disfrazados, pintámola cara, tallamos e decoramos cabazas, fixemos pantasmas, comimos castañas asadas con leite... e pasamos polo túnel do terror!!
Isto último foi o que máis nos gustou e pareceunos moi divertido, queremos repetir! Grazas o ANPA que traballou moito e fixo que fose un día inesquecible.
No concurso de cabazas os gañadores foron os nenos e nenas de 1º de E. Primaria, parabéns para todos!
Tamén degustamos doces traídos polos nenos e nenas da ESO, estaban riquísimos!!
A xornada foi un éxito absoluto e marchamos de ponte moi satisfeitos.

Gañadores concurso cabazas |
sábado, 27 de octubre de 2012
Escola de pais
Temos unha nova pestana no noso blog, trátase da Escola de pais e atópase despois da pestana de Educación Secundaria. Nela recolleremos artigos de interese que esperamos sirvan como orientación para a mellora da educación dos fillos.
Esperamos que vos guste a idea e que vos sexa útil! Unha aperta desde o cole.
Esperamos que vos guste a idea e que vos sexa útil! Unha aperta desde o cole.

jueves, 25 de octubre de 2012
PASEO DE OUTONO
O pasado luns 22 , os nenos de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria saímos a dar un paseo pola contorna para observar os cambios xurdidos coa chegada do outono nas árbores do paseo marítimo. Nun souto cercano recollimos follas e froitos propios desta estación.
miércoles, 25 de julio de 2012
Parabens galegos!

Hoxe día do noso patrón queremos mandar unha aperta a todos os galegos e galegas e as nosas felicitacións aos Santiagos e Iagos. Desfrutade do día coa familia e amigos e recordade - como diría o famoso spot- vivir como galegos!
domingo, 8 de julio de 2012
Repaso de Lingua de 1º ciclo
Hoxe traemos unha suxerencia para os nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria, trátase dunha páxina na que traballar xogando a lingua castelá. Ten 4 niveis e é moi faciliña de usar, podedes aproveitar que os días non son moi bos para ir á praia para repasar diante do ordenador.
Esperamos que vos guste, abur!
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~11000642/TIC/pepe/html/menu3.html
Esperamos que vos guste, abur!
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~11000642/TIC/pepe/html/menu3.html
miércoles, 4 de julio de 2012
FESTA DE FIN DE CURSO
O 22 de xuño rematou o curso e para celebralo tivemos unha mañá chea de actos "oficiais" e xogos.
No salón de actos ante os nosos familiares e compañeiros representamos unha obra de teatro, bailamos, cantamos e recibimos os diplomas polo ben que o fixemos durante o curso.
Despois no patio participamos nunha morea de xogos tradicionais organizados pola ANPA. Antes de irnos de vacacións recibimos as notas e uns agasallos: a camiseta e a revista do cole feitos polos membros do ANPA, moitas grazas.
Agora toca gozar do verán e recargar as pilas para o curso que vén.
FELIZ VERÁN !!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)