viernes, 1 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ

 Como ben sabedes o 30 de xaneiro é o Día da Paz e da Non Violencia nos centros escolares. Para ese día tiñamos proxectado facer entre todos unha pomba no patio pero a chuvia estragounos os plans.
Ao día seguinte os nenos e nenas de Educación Infantil e de Educación Primaria quixemos, a través dunha carreira no paseo marítimo, mostrar as nosas ganas por acadar unha meta común: convivir en armonía e entendimento.
 A chuvia parecía ameazar con botarnos ao traste a carreira pero nós que somos os máis valentes plantámonos na liña de saída e... preparados, listos, XA!
Gañamos unha medalla polo ben que o fixemos e rematamos máis contentos que cucos!








miércoles, 26 de diciembre de 2012

Curso de mecanografía

  Nestas datas na televisión sae un anuncio dunha consola e un videoxogo para aprender mecanografía, este recurso tédelo de balde en internet. É unha maneira máis divertida de aprender pois coas leccións acompáñanse xogos.
Esperamos que vos sexa útil e que a eses ratiños que os peques están frente ao ordenador tamén lles saquen proveito. Abur!
http://www.vedoque.com/juegos/mecano/

martes, 25 de diciembre de 2012

Bo Nadal!!

 Rematou xa o primeiro trimestre!! A verdade e que pasóusenos moi rápido e de aquel comezo de curso a este nadal parece que pasaron uns días.
 Esperamos que fórades bos e boas e que tivérades moitos agasallos, seguro que si!
 Co fin do trimestre veñen as notas (boas e mellorables, que de todo hai) e o FESTIVAL DE NADAL!!!
 Este ano non puido ser máis completiño: obra de teatro "Ledicia na vila", bailes a cargo dos nenas e nenos de ritmo, panxoliñas,... Fixemos por terceiro ano consecutivo a cadea humana para levar alimentos a Cáritas (moitas grazas a todos, foi un rotundo éxito), houbo chocolate con churros, visitounos un Papa Noël moi marchoso cos seus renos e elfos, puidemos degustar doces deitos polos alumnos da ESO e axudalos de cara a excursión comprando camisetas , broches, pulseiras... feitos por eles e todos os alumnos tiveron un agasallo de Papa Noël.
 Pasámolo xenial é en grande medida foi grazas ao traballo e dedicación da ANPA, foi unha festa moi divertida. O que nos fai pensar vendo o nivel do Samaín e do Nadal, como nos sorprenderan na próxima festa?
 Dende aquí quero animar a todos os pais e nais  a colaborar coa ANPA, xa os que máis gozan de todo isto son os vosos nenos e nenas e canta máis xente colabore máis se pode facer.







 Dito todo isto só queda desexarvos un Bo Nadal!!

domingo, 9 de diciembre de 2012

EXCURSIÓN A "DINOSAURIOS PARK"

 O venres 7 de dcembro os ciclos de Ed. Infantil e Ed. Primaria fixemos unha visita a exposición de "Dinosaurios Park" en Narón.
 Coñecimos un pouco mellor a braquiosaurios, estegosaurios, tiranosaurios... grazas as explicacións dos nosos guías, réplicas dos dinosaurios e a paneis de información. Así agora sabemos máis cousas da orixen dos dinosaurios, os tipos que existiron e as súas características.
Despois traballamos en diferentes talleres. No taller de debuxo coloreamos distintas imaxes de dinosaurios, no taller dos paleontólogos tivemos a oportunidade de realizar unha excavación manual e encontrar fósiles enterrados. Ademáis había proyeccións de películas que tiñan como protagonistas aos dinosaurios.
Pásamolo moi ben!







viernes, 9 de noviembre de 2012

O SAMAÍN

O pasado 31 de outubro celebramos na escola o samaín cunha chea de actividades terroríficas: viñemos disfrazados, pintámola cara, tallamos e decoramos cabazas, fixemos pantasmas, comimos castañas asadas con leite... e pasamos polo túnel do terror!!
 Isto último foi o que máis nos gustou e pareceunos moi divertido, queremos repetir! Grazas o ANPA que traballou moito e fixo que fose un día inesquecible.
 No concurso de cabazas os gañadores foron os nenos e nenas de 1º de E. Primaria, parabéns para todos!
 Tamén degustamos doces traídos polos nenos e nenas da ESO, estaban riquísimos!!
 A xornada foi un éxito absoluto e marchamos de ponte moi satisfeitos.










Gañadores concurso cabazas

sábado, 27 de octubre de 2012

Escola de pais

  Temos unha nova pestana no noso blog, trátase da Escola de pais e atópase despois da pestana de Educación Secundaria. Nela recolleremos artigos de interese que esperamos sirvan como orientación para a mellora da educación dos fillos.
Esperamos que vos guste a idea e que vos sexa útil! Unha aperta desde o cole.

jueves, 25 de octubre de 2012

PASEO DE OUTONO

 O pasado luns 22 , os nenos de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria saímos a dar un paseo pola contorna para observar os cambios xurdidos coa chegada do outono nas árbores do paseo marítimo. Nun souto cercano recollimos follas e froitos propios desta estación.