Navegando por internet atopamos esta entrada do periódico El País:
Bob Esponja entre tricornios
A noticia é de fai 2 anos pero apetecíanos recordala con todos vos.
"Fue una exhibición multidisciplinar organizada por la Guardia Civil a petición del colegio Jorge Juan de Narón, a la que se sumaron otros cuatro centros públicos y concertados de la zona: los CEIP Ponte de Xuvia y Piñeiros, el Santiago Apóstol, en Narón, y el colegio Valle Inclán de Ferrol." di o citado xornal, e é que coma nós para montalas ben montadas non hai outros!
Pasámolo xenial e foi unha experiencia inesquecible.
miércoles, 5 de junio de 2013
martes, 4 de junio de 2013
Día das letras galegas na ESO
lunes, 3 de junio de 2013
Vaia labregos estamos feitos!
En Educación Infantil temos moi boa man para as plantas, coñecemos ben os pasos a seguir e tratámolas con moito mimo e paciencia. Se queredes saber como conseguimos unhas plantas tan requetebonitiñas estade moi atentos que vai a explicación:
1. Necesitamos un recipiente que fará de maceta, no noso caso un bote de iogur (que hai que reutilizar os envases), terra e sementes.
2. Non hai que olvidarse de regalas de vez en cando e de poñelas nun sitio soleado.
3. E xa está! Aquí están os froitos da nosa sementeira.
Ata loguiño!!!

domingo, 2 de junio de 2013
Campaña de sensibilización para o non consumo de alcohol
O 24 de abril visitaron o cole o Equipo de Educación Viaria do Concello de Narón.
Presentáronnos a profesores e alumnos da ESO a campaña para sensibilizar sobre os efectos do alcohol ao volante.
O lema da campaña: "Cando só un pouco máis é perigoso". Tivemos unha sesión de cineforum, prácticas de conducción nun reproductor e probas cunhas gafas de simulación de consumo de alcohol.
Viñéronos grabar os da televisión e explicámoslles un pouquiño as nosas sensacións e o que nos parecera a experiencia. Máis que nunca temos claro que o alcohol non é un bo compañeiro para conducir.

| cineforum |
| Probas coas gafas de simulación |
| Usando o simulador de conducción |
| Que ben saímos na tele! |
domingo, 19 de mayo de 2013
O DÍA DE EUROPA
O 9 de maio celébrase o Día de Europa, unha data que celebramos no cole coñecendo o euro, a bandeira e o himno. É un día para celebrar a paz e a cidadanía europea
Fixemos actividades sobre os elementos máis representativos de Europa e escoitamos o himno europeo: o himno da alegría de Beethoven.
Pasámolo ben e aprendemos máis sobre o 9 de maio, que máis se pode pedir!

![]() |
| os nenos e nenas de 1º ciclo coa bandeira |
sábado, 18 de mayo de 2013
FELIZ DÍA MAMÁ!
Como ben sabedes o primeiro domingo de maio celébrase o día da nai, dende aquí non nos cansaremos de recordarvos que para ter un detalle con mamá non fai falla gastar moito diñeiro.
No caso dos nosos nenos gracias as súas mans e a moito cariño saliron uns agasallos fabulosos.
En primaria ás mamás tocoulles broches e en Infantil un porta-aneis ( podedes ver o paso a paso na pestana de E. Infantil), sen esquecer un carro de cariño e bicos que iba engadido a maiores en cada detalliño.
Esperamos que foso un día moi especial en tódalas casas!!

| broche 1º ciclo |
![]() |
| Broche 1º ciclo |
![]() |
| Broche 1º ciclo |
![]() |
| Broche 3º EP |
| Porta-aneis E Infantil |
viernes, 17 de mayo de 2013
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Na nosa Comunidaden cada 17 de maio hónranse as nosas letras homanaxeando a un escritor ou escritora xa finado, este ano recordamos a Roberto Vidal Bolaño.
Roberto Vidal ( 1950-2002) é un escritor galego de teatro, traballou desde os anos 70 para darlle un carácter profesional ao teatro galego sempre da man da tradición e o cariño ao noso. Algunhas das súas obras son Animaliños, Mar revolto, Rastros ...
O recoñecemento veulle na década dos 90 con premios como " Rafael Dieste", "Álvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92"...
Desfrutade do día festivo e non esquezades ler en galego!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)