miércoles, 10 de julio de 2013

Libros e material E. Infantil. Curso 2013-2014.



3 ANOS

Curso e etapa
Área
 Materia Ámbito
 Módulo
Título, autor, editorial e ano de publicación
ISBN
Lingua da edición
1ºE.I.-2ºCiclo
NUBA 3-1º T  
Dimensión Nubaris  EDELVIVES/2012
 
9788426382733
Castelá
1ºE.I. 2ºCiclo
NUBA 3-2º T
Dimensión Nubaris EDELVIVES/2012
 9788426382740
 
Castelá
1ºE.I. 2ºCiclo
NUBA 3-3º T
Dimensión Nubaris EDELVIVES/2012
 
9788426382757
Castelá
1ºE.I. 2ºCiclo
Inglés
Jungle Fun Student`s book 1/Editorial Richmond/Alison Blair
-Jane Cadwallader/2011
9788466812924
Inglesa


 

MATERIAL

 

·         Mandilón vermello co nome do neno/a e tira para colgalo

·         Coxín

·         Vasiño de plástico con asa

·         Una carpeta con cerre de gomas

·         Duas fotografía tamaño carnet

·         Muda completa en bolsa de plástico (so nenos/as de 3 anos)

NOTA: Todo co nome

 

4 ANOS

Curso e etapa
Área
 Materia Ámbito
 Módulo
Título, autor, editorial e ano de publicación
ISBN
Lingua da edición
2ºE.I. 2ºCiclo
MOLI 4-1º T
Dimensión Nubaris EDELVIVES/2012
 
9788426382771
Castelá
2ºE.I. 2ºCiclo
MOLI 4-2º T
Dimensión Nubaris  EDELVIVES/2012
 9788426382788
 
Castelá
2ºE.I. 2ºCiclo
MOLI 4-3º T
Dimensión Nubaris  EDELVIVES/2012
 
 9788426382795
Castelá
2ºE.I. 2ºCiclo
Caderno Escritura
Letrilandia nº 1 Pauta Montessori/Aurora Usero/EDELVIVES/2004
9788426371393
Castelá
2ºE.I. 2ºCiclo
Caderno Escritura
Letrilandia nº2 Pauta Montessori/Aurora Usero/EDELVIVES/2004
9788426371409
Castelá
2ºE.I. 2ºCiclo
Inglés
Jungle Fun Student`s book 2/Editorial Richmond/Alison Blair-Jane Cadwallader/2011
9788466813020
Inglesa


MATERIAL

 

·         Mandilón vermello co nome do neno/a e tira para colgalo

·         Coxín

·         Vasiño de plástico con asa

·         Una carpeta con cerre de gomas

·         Duas fotografía tamaño carnet

 

NOTA: Todo co nome

 


5 ANOS

Curso e etapa
Área
 Materia Ámbito
 Módulo
Título, autor, editorial e ano de publicación
ISBN
Lingua da edición
3º EI 2ºCiclo
ARIS 5-1º T
 
Dimensión Nubaris  EDELVIVES/2012
 
 
9788426382818
 
Castelá
3º-EI-2ºCiclo
ARIS 5-2º T
Dimensión Nubaris  EDELVIVES/2012
 
9788426382825
 
Castelá
3ºEI-2ºCiclo
ARIS 5-3º T
Dimensión Nubaris  EDELVIVES/2012
 
 9788426382832
 
Castelá
3ºEI-2ºCiclo
Inglés
Jungle Fun Student`s book 2/Editorial Richmond/Alison Blair-Jane Cadwallader/2011
9788466813020
Inglesa
3ºEI-2ºCiclo
Caderno de Escritura
Letrilandia nº4-Pauta Montessori/Aurora Usero/EDELVIVES/2004
9788426371423
Castelá
3ºEI-2ºCiclo
Caderno de Escritura
Letrilandia nº 5-Pauta Montessori/Aurora              Usero/EDELVIVES/2004
9788426371430
Castelá
3ºEI-2ºCiclo
Libro de lectura
Letrilandia nº 1/Aurora Usero/EDELVIVES/2004
84-263-5583-8
Castelá
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


MATERIAL

 

·         Mandilón vermello co nome do neno/a e tira para colgalo

·         Coxín

·         Vasiño de plástico con asa

·         Una carpeta con cerre de gomas

·         Duas fotografía tamaño carnet


NOTA: Todo co nome

 

O  material e libros  deberán entregalos no Centro:

 

Día 4 de setembro alumnos/as  de 3 anos (En horario de 10 a 12)

Día 5 de setembro alumnos/as de 4 e 5 anos (En horario de 10 a 12)

martes, 9 de julio de 2013

O segredo da Muralla China. Xogo interactivo para 5º EP.

Nesta ocasión o xogo vai dirixido para os nenos e nenas de 5º de EP.
É da Editorial SM, de Coñecemento do Medio. Son 15 aventuras correspondentes ás 15 unidades didácticas do curso, para superar a aventura hai que demostrar os coñecementos suficientes sobre o tema.
Esperamos que vos guste e vos sirva para pasar un bo rato e repasar os días que non poidades ir á praia.
Bo verán!
O segredo da Muralla China

lunes, 8 de julio de 2013

Libros dixitais de 1º EP

Ola nenos e nenas de 1º!
Seguro que o comezo das vacacións están sendo xeniais, sen ter que madrugar e sen ter que ir ao cole pero tamén tedes que reservan un oco do día para repasar un pouqiño.
Que tal se o facedes a través do ordenador? No lateral do blog hai un apartado que pon "Pódeche interesar", alí tedes os libros dixitais de 1º para repasar o que vimos no curso.
Tamén os nenos e nenas de 5 anos poden botar unha ollada para ver o que traballarán o próximo curso.
Bo verán e recordade ler tódolos días!

viernes, 5 de julio de 2013

Concurso Cosma 2013

Como tódolos anos o cole participou no Concurso Escolar de debuxo organizado pola empresa de Augas Cosma.
Fumos os grandes vencedores deste concurso xa que dos premiados Judah Rentería ( 4º de EP) foi o gañador levando unha tablet como premio e dos catro finalista dous foron do noso cole: Leila Vegas (5º EP) e Mario Novo (3º EP) gañando un xogo do Ecosistema.
Os premios foron entragados polo alcalde de Narón, José Manuel Blanco.
 O lema do concurso era “O futuro da auga pinta ben porque o pintas ti” e a verdade é que pintou moi ben para os nosos alumnos.
Moitas felicidades e a seguir así!

ENTREGA DE PREMIOS DO V CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL ORGANIZADO POLA EMPRESA MIXTA DE AUGAS COSMA


jueves, 4 de julio de 2013

Graduación 4º ESO. Promoción 2000-2013

Un dos momentos máis emotivos cando chega o fin de curso é a despedida dos alumnos de 4º da ESO. É non é para menos , xa que algúns dos rapaces e rapazas que terminan esta etapa levan no centro 13 anos, toda unha vida que pasou nun momento.
 No salón de actos do colexio reunímonos profesores e familia dos recén graduados, que non se querían perder como os seus "pequenos" recibían o título de Educación Secundaria Obrigatoria.
Houbo unha proxección de fotografías e pinchos para todos os asistentes.
Aínda que con pena temos que deixar voar a estes mozos e mozas. Esperamos que o camiño que escollan esté pragado de éxitos e alegrías.









                                                      PARABÉNS GRADUADOS!!


miércoles, 3 de julio de 2013

Visita do trasgo. Animación á lectura.

Un trasgo moi parrandeiro visitou aos nenos e nenas do Primeiro ciclo de Primaria. Xunto cunha doutora ( non das que curan enfermidades!) falounos do problema que tiña seu avó para recordar as lendas da comarca e pediunos axuda. Nós que somos todo corazón axudámolo e de paso pasámolo xenial. Queremos que volvan!!




martes, 25 de junio de 2013

EXCURSION FIN DE CURSO: PRAIA DE CABANAS

O venres 14 de xunio os nenos  e nenas de Educación Infantil e Educación Primaria fomos de excursión á praia de Cabanas.
Tivemos moita sorte porque tocounos un día precioso aínda que un pouco anubrado.
Á primeira hora da mañá dous autobuses saíron cargadiños de pícaros, mochilas con bocatas, palas e balóns cara Pontedeume.  Os pequerrechos de E. Infantil e 1º ciclo quedaron gozando da praia mentras 2º e 3º ciclo aproveitaron a mañá para facer un pouco de turismo pola vila mariñeira.
A media mañá tomámola parva no piñeiral que máis tarde nos vería dar boa conta no xantar de tortillas, bocadillos, croquetas,... Despois como sobremesa un xeado nun chiringuito!
Tomamos un baño nunha auga que estaba boísima, aínda que algunhas mestras non opinaban o mesmo, acompañados os pequenos das nosas titoras e os de Primaria da profe Eva que estivo a remollo con nós un bo anaco.
Pasámolo moi ben facendo castelos de area, fosos, xogando ao balón, ás palas e tomando o sol.
Xa nos tarda poder volver a pasar un día na praia. Vos que opinades, virá o bo tempo por fin?