viernes, 29 de junio de 2012

EXCURSIÓN A MARCELLE

O pasado 21 de xuño todo o centro fomos de excursión o parque da natureza Marcelle en Outeiro de Rei (Lugo). Pasámolo moi ben vendo todo tipo de animais: osos, lémures, sirucatas, avestruces,cebras,etc; os monitores foron moi simpáticos con nós amosándonos o parque, ensinándonos a tirar con arco, facendo teatro e bailando con nós......






domingo, 27 de mayo de 2012

V Marcha ciclista do concello de Narón

O venres 25 de maio os nosos nenos e nenas entre 3º e 6º de Primaria participaron na V marcha ciclista organizada polo concello de Narón. Ademáis este ano participou tamén o gañador do Tour de Francia 2006, Oscar Pereiro.
Ao final da marcha houbo un sorteo e entrega de bicicletas no Paseo Marítimo de Xuvia, e o gañador no noso cole foi Pablo Romero. Parabéns Pablo e a pedalear un montón!
Diario de Ferrol-2012-05-26-022-84ba8ada

viernes, 25 de mayo de 2012

VITAMINAS PARA O GALEGO

 Os nosos alumnos e alumnas, dende 3 anos ata 4º da ESO, colaboraron no proxecto "Vitaminas para o galego" lendo un manifesto para impulsar o emprego da lingua galega nos medios de comunicación, xa que son estes os que poden prestixiar e difunder a nosa fala. A actividade realizouse no marco do Día das Letras Galegas.

jueves, 24 de mayo de 2012

SEMENTANDO EN PRIMAVERA

     
  En primavera, os nenos/as de educación infantil touxeron da suas casas unhas sementes para realizar unha sementeira.

lunes, 21 de mayo de 2012

Felicidades Rut !

  O  16 de maio a nosa compañeira e profe de Audición e Linguaxe Rut Lesta foi mamá. Tivo un neno tan bonitiño como é ela que se chama Ángel.
  Agora só queda crialo con saúde, como din as avoas e desfrutar moito del.
   Moitos bicos papás e noraboa!

jueves, 17 de mayo de 2012

Valentín Paz Andrade

 Hoxe é un día de lecer en Galicia, os nenos están na casa e moitos de nós non traballamos. É o día das Letras Galegas e este ano o homenaxeado é Valentín Paz Andrade.
 Valentín Paz-Andrade nace o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morre en Vigo, o 19 de maio de 1989. Home de profundas conviccións galeguistas espallou o seu pensamento nos ámbitos da avogacía, da empresa, do xornalismo, da política e da literatura.
 Dentro da literatura iníciase no eido da narrativa cunha obra que non chegou a publicar datada de 1921, Soldado da morte. Formou parte da Xeración poética de 1925 e deixounos títulos como Pranto Matricial (1954), Sementeira do Vento (1968) ou Cen chaves de Sombra (1979).
 Aquí vos deixo unha presentación do poema "Cando ti volvas".
 Desfrutade do día e lede moito en galego!