miércoles, 25 de julio de 2012

Parabens galegos!




Hoxe día do noso patrón queremos mandar unha aperta a todos os galegos e galegas e as nosas felicitacións aos Santiagos e Iagos. Desfrutade do día coa familia e amigos e recordade - como diría o famoso spot- vivir como galegos!

domingo, 8 de julio de 2012

Repaso de Lingua de 1º ciclo

Hoxe traemos unha suxerencia para os nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria, trátase dunha páxina na que traballar xogando a lingua castelá. Ten 4 niveis e é moi faciliña de usar,  podedes aproveitar que os días non son moi bos para ir á praia para repasar diante do ordenador.
Esperamos que vos guste, abur!
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~11000642/TIC/pepe/html/menu3.html

miércoles, 4 de julio de 2012

FESTA DE FIN DE CURSO

O 22 de xuño rematou o curso e para celebralo tivemos unha mañá chea de actos "oficiais" e xogos.
No salón de actos ante os nosos familiares e compañeiros representamos unha obra de teatro, bailamos, cantamos e recibimos os diplomas polo ben que o fixemos durante o curso.
Despois no patio participamos nunha morea de xogos tradicionais organizados pola ANPA. Antes de irnos de vacacións recibimos as notas e uns agasallos: a camiseta e a revista do cole feitos polos membros do ANPA, moitas grazas.
Agora toca gozar do verán e recargar as pilas para o curso que vén.

















                  FELIZ VERÁN !!!!

viernes, 29 de junio de 2012

EXCURSIÓN A MARCELLE

O pasado 21 de xuño todo o centro fomos de excursión o parque da natureza Marcelle en Outeiro de Rei (Lugo). Pasámolo moi ben vendo todo tipo de animais: osos, lémures, sirucatas, avestruces,cebras,etc; os monitores foron moi simpáticos con nós amosándonos o parque, ensinándonos a tirar con arco, facendo teatro e bailando con nós......






domingo, 27 de mayo de 2012

V Marcha ciclista do concello de Narón

O venres 25 de maio os nosos nenos e nenas entre 3º e 6º de Primaria participaron na V marcha ciclista organizada polo concello de Narón. Ademáis este ano participou tamén o gañador do Tour de Francia 2006, Oscar Pereiro.
Ao final da marcha houbo un sorteo e entrega de bicicletas no Paseo Marítimo de Xuvia, e o gañador no noso cole foi Pablo Romero. Parabéns Pablo e a pedalear un montón!
Diario de Ferrol-2012-05-26-022-84ba8ada

viernes, 25 de mayo de 2012

VITAMINAS PARA O GALEGO

 Os nosos alumnos e alumnas, dende 3 anos ata 4º da ESO, colaboraron no proxecto "Vitaminas para o galego" lendo un manifesto para impulsar o emprego da lingua galega nos medios de comunicación, xa que son estes os que poden prestixiar e difunder a nosa fala. A actividade realizouse no marco do Día das Letras Galegas.