sábado, 6 de abril de 2013

Lectorestaurante. Dinamización da biblioteca.

Os rapaces e rapazas de 6º de E. Primaria aproveitaron unha clase de inglés coa profe Mª José para xantar dunha maneira diferente. Primeiro puxeron a mesa e logo puideron elexir entre un variado menú: libros en inglés. De sobremesa un contacontos tamén en inglés.



Bon appetit my friends!

jueves, 4 de abril de 2013

Día do pai

 Como ben sabedes o pasado 19 de marzo conmemorouse o día do pai, é dicir San José.

Non ten porque ser unha data comercial, nin temos porque privar ao neno ou nena de facer un agasallo desde o corazón se o papá non está con eles. En case tódalas familias hai unha figura masculina importante: o avó, un tío, un amigo... ao que o pícaro lle teña especial cariño. Ese será o destinatario do día do pai.
 No cole houbo regalos para os papás, pero tamén para avós e amigos e todos estivemos moi orgullosos de levar á casa as nosas obras.

martes, 2 de abril de 2013

O tren da lectura. Dinamización da biblioteca

Acaba de chegar á estación da Jorge Juan un tren cheo de revistas e xornais.
 Non ten hora de partida así que podedes achegarvos a coñecelo, son revistas e xornais en varios idiomas.
 Non dubides en subir aos seus vagóns pois de seguro será unha viaxe interesante. Bon voyage!

sábado, 30 de marzo de 2013

Ola primavera!

Poño un cículo no medio
e outros pinto ao redor,
e con moito coidadiño
coloreo o seu interior.

Unha liña para abaixo
dúas folliñas... chispón!
con círculos e cores
dibuxei unha flor.
 
Os nen@s de E. Infantil saúdando á primavera

viernes, 29 de marzo de 2013

Somos uns deportistas!


Coincidindo co día do pai (19 de marzo) os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria  participamos no programa "Deporte na escola" do programa Xogade.
 Esforzámonos moito por dala talla coma deportistas e os resultados cremos que foron moi bos. A profe Eva pode sentirse orgullosa de nós, vamos de aquí ás Olimpiadas!





jueves, 28 de marzo de 2013

Un baúl cheo de piratas. Dinamización da biblioteca.


 Seguimos a traballar para que a biblioteca se converta nun imprescindible no día a día dos alumnos e alumnas.
Nesta ocasión os nenos e nenas de 3 anos visitaron ao resto das clases para falarnos do libro Un baúl lleno de piratas de Ana Rosseti. Conta a historia dun grupo de nenos: Chus, Cris,Toni, Gabi e Manu que convirten un baúl nun barco pirata e surcarán os mares do Sur en busca da illa do tesoro.

Se queredes saber que aventuras viven e como son axudados polas sereas xa sabedes, vinde a biblioteca do cole e levádeo en préstamo.

miércoles, 27 de marzo de 2013

As dez galiñas. Dinamización da biblioteca.


No cole pensamos que é moi importante o uso e disfrute da biblioteca, nela hai agardando miles de historias que nos farán soñar, rir, tremer... pero sobretodo gozar da lectura.
 No intento de dar a coñecer este anaquiño de escola aos pícaros e coa intención de motivalos, profes e alumnos estamos a facer unha serie de actividades nas que os libros son os protagonistas.
 Neste caso a profe Ana e os alumnos e alumnas de 4º da ESO contáronlles aos nenos de Educación Infantil o conto de As dez galiñas de Sylvia Dupuis . Os pequerrechos estaban moi atentos ás galiñas de cores e ao cesto do que non paraban de sair animais. Foi un éxito de actividade!