martes, 25 de diciembre de 2012

Bo Nadal!!

 Rematou xa o primeiro trimestre!! A verdade e que pasóusenos moi rápido e de aquel comezo de curso a este nadal parece que pasaron uns días.
 Esperamos que fórades bos e boas e que tivérades moitos agasallos, seguro que si!
 Co fin do trimestre veñen as notas (boas e mellorables, que de todo hai) e o FESTIVAL DE NADAL!!!
 Este ano non puido ser máis completiño: obra de teatro "Ledicia na vila", bailes a cargo dos nenas e nenos de ritmo, panxoliñas,... Fixemos por terceiro ano consecutivo a cadea humana para levar alimentos a Cáritas (moitas grazas a todos, foi un rotundo éxito), houbo chocolate con churros, visitounos un Papa Noël moi marchoso cos seus renos e elfos, puidemos degustar doces deitos polos alumnos da ESO e axudalos de cara a excursión comprando camisetas , broches, pulseiras... feitos por eles e todos os alumnos tiveron un agasallo de Papa Noël.
 Pasámolo xenial é en grande medida foi grazas ao traballo e dedicación da ANPA, foi unha festa moi divertida. O que nos fai pensar vendo o nivel do Samaín e do Nadal, como nos sorprenderan na próxima festa?
 Dende aquí quero animar a todos os pais e nais  a colaborar coa ANPA, xa os que máis gozan de todo isto son os vosos nenos e nenas e canta máis xente colabore máis se pode facer.







 Dito todo isto só queda desexarvos un Bo Nadal!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario