lunes, 24 de marzo de 2014

Recollida de tapóns, cales valen?



Nenos e nenas de 3 anos
 

    Como ben sabedes desde o cole xa levamos uns cursos recolledo tapóns para diferentes causas solidarias. Nós mesmos encargámonos de levalos a unha empresa de transportes para que fagan chegar estas bolsas cheas de tapóns e de esperanza no futuro.
Non dubidedes en colaborar facendo partícipes aos vosos fillos e fillas, a eles failles moita ilusión ir a botar á saca común a súa aportación!
Seguriño que en máis dunha ocasión mirando un tapón pensáchedes "E este servirá?", ahí vos vai unha lista cos tapóns válidos, as marcas son para facernos unha idea que nós non cobramos pola publicidade ;) :

Artículos de bebé
Tapa de caixas do tipo de toalliñas DodotTapa dos polvos de talco
Tapas de leites infantis tipo Milupa
Tapas de potitos “cociña mediterránea” de Hero Baby
Tapas de froitas Naturness de Nestle
As tapas dos chupetes que se utilizan para que non se manchen
Tapa, rosca y tapa grande dos biberóns

Productos de Alimentación
Tapóns de botellins de auga, Coca-Cola, refrescos…Tapas de queixo fundido tipo Philadelfia
Tapóns dos dispensadores de ketchup e mahonesa das que se utilizan nas hamburgueserías
Tapas de Coca-Cola e refrescos que se utilizan nos Burger King e Mc Donalds para tapar os vasos desas bebidas
Tapas de tuppers para levar comida
Tapón de tetra-bricks de leite e tamén a boquilla, sempre que non teña restos do cartón do brick
Tapas de botes do tipo Eko, Nescafé, Cola Cao, Nesquik
Tapas de recipientes, tipo Queixo Burgo de Arias
A tapa dos tuppers para levar comida dos chinos
Tapóns dos botes de nata en spray.
Tapóns de botellas de aceite.
Tapas de patés La Piara
Tapas de membrillo, tipo Don Quijote
Tapas dos botes de especias

Artículos de limpeza
Pistolas de limpiadores tipo KH-7 ou Cristasol (siempre que se retiren os muelles e las partes de metal)Tapóns de limpiadores tipo Pronto
Boquillas tipo sifón de Mistol Concentrado

Productos de Droguería
Tapóns de deterxentes, tipo NoritTapóns de suavizantes

Productos de Hixiene Persoal
Tapóns de pastas de dentesTapóns dos enxuagues bucais
Caperuzas de cepillos de dentes
Tapóns de desodorantes de roll-on, tipo Dove
A tapa do envase de mascarilla
Tapóns dos botes de escuma e de gomina para o pelo
Tapóns dos botes de escuma de afeitar
Tapóns de xampús y xeles de baño
Tapóns das cremas hidratantes
Tapóns de cremas solares
 
Artículos de Papelería
Tapas que utilizan algúns pendriveTapóns de bolígrafos Bic e de rotuladores
Pegamento de barra, tipo Pritt

Otros
Tapas de plástico de botes de pintura para pintar paredesTapas de plástico de botes de suplementos para culturistas, tipo Nitro-Tech.(sen pegatinas)
Tapa de la caixas de chicles Orbit
Tapa de los pintalabios
Vasiños dosificadores de medicamentos
As cápsulas de tapar as xeringas
Tapóns de bombonas de butano.
Tapas dos recipientes similares aos que as tendas de chucherías utilizan para depositar os productos
Tapóns de botellóns de aceite de coche tipo Repsol


Esperamos que vos servira de axuda. Aburiño!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario