miércoles, 8 de mayo de 2013

Estreo de El chico guapo y su radiocassete

 O xoves 2 de maio foi a estrea da obra El chico guapo y su radiocassete no teatro do Centro Calvo Sotelo de A Coruña.
 Os nosos actores e actrices demostraron un ano máis ter moitas tablas nisto da interpretación e fixérono de marabilla, agora só nos queda esperar a decisión dos xuíces da que todos seredes informados.
Para os que non puideron asistir tedes unha nova oportunidade de gozar con eles na festa de fin de curso, na que volverán a representar a obra.









martes, 7 de mayo de 2013

Ciencia e cine. Educa Barrié.

 Os alumnos e alumnas da ESO puideron asistir a charla-obradoiro ofrecida pola fundación educaBarrié ¿Ciencia ou cine?
Nela introducíronos no mundo do cine, nun mundo misterio e máxico onde reinan a fantasía e a imaxinación. Nalgunha ocasión fixémonos preguntas como: ten base científica o que vemos nas películas?, cales son as técnicas que permiten crear animais xigantescos e ataques extraterrestres?, por que os extraterrestres sempre nos queren exterminar se non ñles fixemos nada?
Durante a conferencia visionaron fragmentos de películas  e analizaron a súa base científica levando a cabo experiencias nas que comprobaron se se axustaba á realidade o que nos propon o cine e explicáronlles como distintos personaxes míticos cinematográficos, tales como vampiros, personaxes de ciencia ficción como ET, non teñen sentido científicamente.
 Os rapaces quedaron sorprendidos e aprenderon  ben canto hai de ciencia e canto de ficción neste xénero que tanto nos gusta.








 

lunes, 6 de mayo de 2013

EXCURSIÓN A BARCELONA

 Do 15 ao 19 de abril os rapaces e rapazas da ESO fomos de excursión de fin de curso a Barcelona. No camiño de ida fixemos unha parada para coñecer Burgos, xa en Barcelona dedicámoslle dous días ao parque de atraccións Port Aventura pero tamén tivemos tempo de coñecer o Camp Nou, o parque Güell, o Montjuic... Na volta puidemos coñecer Logroño. Nesta viaxe acompañáronos os profes Pili e Leo.
 Fíxose a viaxe moi curta pero trouxemos moitos recordos e anécdotas que de seguro nos durarán moito tempo. Como dirían os nosos amigos cataláns: un viatge inoblidable!
Burgos



Port Aventura


Port Aventura


Port Aventura


Port Aventura



Port Aventura

Montjuic


Camp Nou

Parque Güell

Parque Güell

Parque Güell

De volta, Logroño

 

domingo, 5 de mayo de 2013

EXCURSIÓN MUSEO DE HISTORIA NATURAL EI

Foi a quenda dos máis pequerrechos de visitar o Museo de Historia Natural de Ferrol, coma os seus compañeiros de primaria a viaxe fixérona en tren  e gustoulles moito.
Ao chegar a Ferrol foron andando ata o museo, alí esperábaos unha guía moi simpática que lles amosou e explicou a sala de bioloxía terrestre e a de bioloxía mariña.
Quedaron moi sorprendidos co tronco de cedro e como polos seus aneis podemos saber a idade dunha árbore, neste caso 120 anos!
Vimos ao calamar xigante de 8 metros de lonxitude e tamén nos ensinaron como era a caza da balea, os traxes e as ferramentas que se usaban e que levaron ao borde da extinción a moitas especies de baleas.
Logo fomos merendar e xogar un pouquiño a praza de España, collimos o tren de volta ao cole e xa estabamos cos nosos pais e nais contándolles emocionados pero cansos todo o que víramos e fixéramos.
Foiche un día moi divertido!!











miércoles, 24 de abril de 2013

XIV CONCURSO DE DEBUXO ECOLÓXICO

 Un ano máis o colexio participou activamente no concurso que organiza a cadea COPE e... VOLVEMOS GAÑAR!
 Lucía Fraguela de 1º de E. Primaria foi unha das gañadoras que subiu ao escenario do Auditorio de Narón recoller o seu premio da man do alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco. Felicidades, estamos moi orgullosos de ti!!
 Nada máis entrar no auditorio vimos os arredor de 4.000 debuxos que participaron no concurso.
 Así que estivemos todos acomodados puidemos gozar do espectáculo de maxia do mago Martín.
Logo houbo sorteos entre os asistentes e ninguén quedou sen agasallo.

Se queredes ver a noticia no Diario de Ferrol pinchade aquí :
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/entrega-de-los-premios-del-concurso-de-dibujo-ecologico/20130418233209042049.html
 o mago Martín

Lucía recibindo o premio


algúns debuxos

lunes, 22 de abril de 2013

QUEREDES COÑECER A PEPA?

  Pepa é unha nova amiga que temos na clase os nenos e nenas de 4 e 5 anos. Pepa é moi boiña e non molesta nada. Só toma auga para beber, pero iso si échevos moi presumida e temos que cortarlle o pelo moi a miúdo, porque lle crece unha barbaridade!!





 Se queredes ter na vosa casa unha Pepa necesitaredes:
unha media de muller
sementes de céspede ou similar
serrín
un cordel
 Primeiro bótanse as sementes no fondo da media, logo o serrín ben prensado e vaiselle dando forma de boneca co cordel. Cando a teñamos rematada debe pasar 4 horas totalmente sumerxida en auga.
Logo so temos que deixarlle uns 5 cm de auga e a esperar que lle creza o cabelo para poñer en práctica os nosos coñecementos de perruquería.

Intentádeo e contádenos como vos foi. Un saúdiño!

domingo, 21 de abril de 2013

XVI CERTAME DE TEATRO CANDILEJAS DON BOSCO

 
Outro ano máis o grupo de teatro do cole disponse a participar no certame de teatro Candilejas Don Bosco.
Participamos na categoría Infantil coa obra "El chico guapo y su radiocassete", unha adaptación da famosa obra O Flautista de Hamelin.
Será o xoves 2 de maio no Centro Calvo Sotelo de A Coruña ás 17:30  sendo a entrada  libre.

Blog do Certamen de teatro