Os pícaros e pícaras de E. Infantil despediron o 2º trimestre vendo unha peli na pantalla dixital e comendo flocos de millo. Pasárono moi ben e foi unha maneira diferente de "ir ao cine".
miércoles, 10 de abril de 2013
martes, 9 de abril de 2013
O fantasma de Canterville II
Logo de presentar O fantasma de Canterville ao resto dos alumnos os nenos de 4 e 5 anos foron, xunto coa profe Charo, a aportar este libro á bilioteca do centro. Seguiron todos os pasos: puxéronlle a etiqueta onde se apuntará cando se devolve se se leva emprestado, o cuño do centro e clasíficarono nos andeis da biblioteca.
Moitas grazas nenos e nenas, estamos desexando lelo!
Moitas grazas nenos e nenas, estamos desexando lelo!
domingo, 7 de abril de 2013
O fantasma de Canterville. Dinamización da bilioteca.

Sabemos que a historia transcorre nun castelo inglés encantado, que ten como protagonistas un fantasma e unha familia americana que non cree nesas cousas. Que ocorrerá?
Os pequenos fixérono xenial e quedamos moi intrigados porque o final non nolo contaron, así que haberá que ir co noso carné á biblioteca e coller en préstamo o libro para saber como acaba.
sábado, 6 de abril de 2013
Lectorestaurante. Dinamización da biblioteca.
Os rapaces e rapazas de 6º de E. Primaria aproveitaron unha clase de inglés coa profe Mª José para xantar dunha maneira diferente. Primeiro puxeron a mesa e logo puideron elexir entre un variado menú: libros en inglés. De sobremesa un contacontos tamén en inglés.
Bon appetit my friends!
jueves, 4 de abril de 2013
Día do pai
Como ben sabedes o pasado 19 de marzo conmemorouse o día do pai, é dicir San José.
Non ten porque ser unha data comercial, nin temos porque privar ao neno ou nena de facer un agasallo desde o corazón se o papá non está con eles. En case tódalas familias hai unha figura masculina importante: o avó, un tío, un amigo... ao que o pícaro lle teña especial cariño. Ese será o destinatario do día do pai.
No cole houbo regalos para os papás, pero tamén para avós e amigos e todos estivemos moi orgullosos de levar á casa as nosas obras.
No cole houbo regalos para os papás, pero tamén para avós e amigos e todos estivemos moi orgullosos de levar á casa as nosas obras.
martes, 2 de abril de 2013
O tren da lectura. Dinamización da biblioteca
Acaba de chegar á estación da Jorge Juan un tren cheo de revistas e xornais.
Non ten hora de partida así que podedes achegarvos a coñecelo, son revistas e xornais en varios idiomas.
Non dubides en subir aos seus vagóns pois de seguro será unha viaxe interesante. Bon voyage!
Non ten hora de partida así que podedes achegarvos a coñecelo, son revistas e xornais en varios idiomas.
Non dubides en subir aos seus vagóns pois de seguro será unha viaxe interesante. Bon voyage!
sábado, 30 de marzo de 2013
Ola primavera!

e outros pinto ao redor,
e con moito coidadiño
coloreo o seu interior.
Unha liña para abaixo
dúas folliñas... chispón!
con círculos e cores
dibuxei unha flor.
Os nen@s de E. Infantil saúdando á primavera |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)