Os nenos e nenas de 4 e 5 anos de Educación Infantil visitaron algunhas clases do cole para falarnos do libro de Oscar Wilde O fantasma de Canterville. Sabemos que a historia transcorre nun castelo inglés encantado, que ten como protagonistas un fantasma e unha familia americana que non cree nesas cousas. Que ocorrerá?
Os pequenos fixérono xenial e quedamos moi intrigados porque o final non nolo contaron, así que haberá que ir co noso carné á biblioteca e coller en préstamo o libro para saber como acaba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario