Seguindo coa nosa idea de facer da biblioteca o mellor sitio do cole onde comezar a soñar e vivir mil aventuras grazas aos libros, os nenos e nenas de 2º de EP decidiron contarlle ao resto de alumnos e alumnas de Primaria un pouquiño do gran libro de Antoine de Saint-Exupéry O principiño.Recentemente fixo 70 anos da súa primeira edición pero segue a ser un imprescindible.
Os nenos e nenas adaptaron a novela cun pouqiño de teatro e caracterización, así o aviador foi contando como renunciou a súa carreira de debuxante porque os maiores carecían de imaxinación ata que conoceu ao principiño e este pediulle que lle debuxara un año.
Ata ahí nos contaron os nenos deixándonos o mel nos beizos e con moitas ganas de saber que pasa con ese neno que parece xurdir da nada e o aviador, haberá que seguir lendo O principiño e enterarse.
Boa lectura e recordade que ler fainos crecer!!
![]() |
| Elena sostendo o debuxo nº1 do aviador |
![]() |
| O debuxo nº2 do aviador |
![]() |
| Cristina explicando onde está China |
![]() |
| Claudia "sorrindo" |
![]() |
| David era o principiño |
![]() |
| A boa comendo á besta |
![]() |
| Joaquín deixando claro que o debuxo era un sombreiro |







No hay comentarios:
Publicar un comentario