domingo, 6 de mayo de 2012

Parabéns mamás!

 Hoxe é o día da nai, inventouno Julia Ward Howe en 1870 como un día de unión das nais pola paz, logo seguiu celebrándose para recoñecer o papel da nai na familia ata a data actual. Agora algúns veno coma unha data comercial sen máis pero non ten porque ser así.
Non son os mellores agasallos aqueles máis caros ou os mercados nos centros comerciais, os mellores son os que se fan coas nosas mans; aínda que non nos identifiquemos no debuxo se o noso fillo dinos que esa bola da que saen 4 raias é mamá, abofé que é o mellor retrato que recibimos!
No cole coñecemos os cambios que as familias sufriron, así que o día da nai plantéxase como o día para agasallar a esa muller especial que nos coida e quere, pode ser mamá , a avoa, a tía... o importante é que os nenos fagan algo con todo o seu cariño e que hoxe entreguen ese paquetiño
e a cambio reciban unha grande aperta e un bico.
Así que o desexo é claro:
[289_tarjeta_madre_4[2].gif]

No hay comentarios:

Publicar un comentario