jueves, 17 de mayo de 2012

Valentín Paz Andrade

 Hoxe é un día de lecer en Galicia, os nenos están na casa e moitos de nós non traballamos. É o día das Letras Galegas e este ano o homenaxeado é Valentín Paz Andrade.
 Valentín Paz-Andrade nace o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra) e morre en Vigo, o 19 de maio de 1989. Home de profundas conviccións galeguistas espallou o seu pensamento nos ámbitos da avogacía, da empresa, do xornalismo, da política e da literatura.
 Dentro da literatura iníciase no eido da narrativa cunha obra que non chegou a publicar datada de 1921, Soldado da morte. Formou parte da Xeración poética de 1925 e deixounos títulos como Pranto Matricial (1954), Sementeira do Vento (1968) ou Cen chaves de Sombra (1979).
 Aquí vos deixo unha presentación do poema "Cando ti volvas".
 Desfrutade do día e lede moito en galego!

1 comentario:

  1. Disfrutade do descanso e do video por que vale moito a pena.O que fixo a escolla tivo moi bo criterio.Moito tino coas festas de Santa Rita, disfutádeas moito e sede bos,xa sabedes que logo se sabe!Vémonos luns!

    ResponderEliminar