domingo, 21 de abril de 2013

EASTER EGG

 Con motivo da Pascua os alumnos e alumnas de E. Infantil e de Primaria como tódolos anos decoraron os ovos nas clases de inglés. Pero este ano houbo unha novidade, o mesmísimo coelliño de pascua foi polas clases recollelos ovos!
 Despois, xunto cos seus axudantes, escondeunos polo patio do colexio e os nenos e nenas tiveron que ir na súa procura para poder levalos para a casa.
 Grazas a Bruno, que foi o noso coelliño, e aos seus compañeiros e compañeiras da ESO que fixeron o día máis especial para os pequenos!!

O coelliño visitando aos nenos de Infantil
Recollendo ovos nunha clase de Primaria


1º ciclo de EP
2º ciclo de EP








No hay comentarios:

Publicar un comentario