lunes, 15 de abril de 2013

Museo de Historia Natural de Ferrol

  O 22 de marzo as clases de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria foron en tren ao Museo de Historia Natural de Ferrol.
  Aínda que o tempo non acompañaba armámonos de valor e saímos a pé hacia a estación de Xuvia para coller o tren que nos achegaría a Ferrol. Para moitos de nós o desprazamento xa foi unha novidade pois xamáis viaxáramos en tren.
 En menos que canta un galo xa chegáramos a Ferrol e fumos pasiño a pasiño pola Avenida do Rei ata a praza de Canido onde se atopa o Museo.
 Alí o guía do museo recibiunos e explicounos todo, todiño, todo o que alí se atopaba. Vimos esqueletos de cetáceos como a balea franca, fósiles, un calamar xigante de 8 m, peles de animais, unha pitón (non viva, por suposto) ... e cacas de animais!
 Aínda que nos chamou moito a atención logo puidemos saber que serven para coñecer mellor aos animais: que comen, se están sans, por onde viven...
 Gustounos moito pero como xa tiñamos moita fame despedímonos do noso guía e fomos tomar a parva a praza de España. Recargadas as forzas volvimos para o cole satisfeitos da nosa viaxe e cun montón de experiencias para contar na casa.
 Xa sabedes, se queredes volver a entrada é de balde e está aberto de luns a venres, esperamos que vos guste tanto coma a nós!

Os nenos e nenas de 1º EP

Os nenos e nenas de 2º EP
Os nenos e nenas de 3º EP












No hay comentarios:

Publicar un comentario