viernes, 5 de julio de 2013

Concurso Cosma 2013

Como tódolos anos o cole participou no Concurso Escolar de debuxo organizado pola empresa de Augas Cosma.
Fumos os grandes vencedores deste concurso xa que dos premiados Judah Rentería ( 4º de EP) foi o gañador levando unha tablet como premio e dos catro finalista dous foron do noso cole: Leila Vegas (5º EP) e Mario Novo (3º EP) gañando un xogo do Ecosistema.
Os premios foron entragados polo alcalde de Narón, José Manuel Blanco.
 O lema do concurso era “O futuro da auga pinta ben porque o pintas ti” e a verdade é que pintou moi ben para os nosos alumnos.
Moitas felicidades e a seguir así!

ENTREGA DE PREMIOS DO V CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL ORGANIZADO POLA EMPRESA MIXTA DE AUGAS COSMA


No hay comentarios:

Publicar un comentario