lunes, 22 de julio de 2013

Fin de curso 2013

 Tal vez pensabades que xa nos esquecéramos de publicar a festa de fin de curso pero como di o saber popular, máis vale tarde que nunca.
Xa vai alá un mes que rematou o curso pero de seguro que todos tedes moi fresquiño o recordo da súa festa.
Abrimos o festival coa representación a cargo dos alumnos de Teatro da obra "El chico guapo y su radiocasete", despois foi a hora da entrega de diplomas por fin de ciclo dos alumnos de 2º, 4º e 6º. Algunhas alumnas de 4º da ES0 quixeron aproveitar este momento para despedirse do centro e da grande familia que o forma.
Despois foi o turno de que os máis pequenos recibiran os seus diplomas e os alumnos de 5 anos se graduasen en Educación Infantil.
A ANPA tíñalle reservada unha sorpresa á profesora Juana, que este ano se xubila, e no escenario recibiu eloxios e unha cesta de plantas e unha placa como agasallos. Tamén as rapazas da ESO quixeran antes rendirlle un sentido homenaxe.
A "teacher" recibiu todo o noso cariño e admiración por unha vida adicada a ensinanza.
Xa no patio a ANPA esperaba aos nenas e nenas para abrir a festa cunhas actuacións moi divertidas. Despois xa todos puidemos gozar das atraccións: O castelo de Aladín, o toro mecánico, a pista do cohete e os Karts.
Foi unha festa moi divertida que non queríamos que rematase. Pero o curso xa acabou e agora toca recargar pilas para comezar unha nova aventura en setembro.
Meus amigos e amigas, a desfrutar do verán!!












No hay comentarios:

Publicar un comentario