jueves, 4 de julio de 2013

Graduación 4º ESO. Promoción 2000-2013

Un dos momentos máis emotivos cando chega o fin de curso é a despedida dos alumnos de 4º da ESO. É non é para menos , xa que algúns dos rapaces e rapazas que terminan esta etapa levan no centro 13 anos, toda unha vida que pasou nun momento.
 No salón de actos do colexio reunímonos profesores e familia dos recén graduados, que non se querían perder como os seus "pequenos" recibían o título de Educación Secundaria Obrigatoria.
Houbo unha proxección de fotografías e pinchos para todos os asistentes.
Aínda que con pena temos que deixar voar a estes mozos e mozas. Esperamos que o camiño que escollan esté pragado de éxitos e alegrías.









                                                      PARABÉNS GRADUADOS!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario